Luns. 16.12.2019
El tiempo

17 concellos aprenden sobre cultura empresarial inclusiva na Costa da Morte

17 concellos aprenden sobre cultura empresarial inclusiva na Costa da Morte

Dezasete concellos estiveron representados na xornada sobre contratación organizada por Cegasal en Carballo
Carballo foi a sede do primeiro dos almorzos informativos previstos dentro da Rede Eusumo para
promover unha cultura empresarial inclusiva.

Máis de cincuenta representantes políticos e técnicos de 17 concellos reuníronse onte en Carballo para participar no primeiro dos almorzos informativos organizados por Cegasal (Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego) dentro da Rede Eusumo para promover o desenvolvemento dunha cultura empresarial inclusiva na Costa da Morte.

A xornada centrouse na Lei de Integración Social do Minusválido, a Lei de Contratos do Sector Público e a contratación de persoas con discapacidade, cuestións que abordaron Elena Barba Pan, secretaria da Xunta Consultiva de Contratación da Xunta de Galicia; Concepción Campos Acuña, secretaria do Concello de Vigo; Adolfo López Baña, administrador único de Máis Porvir; Ramón Sestayo, vicepresidente de Cogami, e José Antonio Vázquez, presidente de Cegasal.

A Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego integra xa a 30 centros de emprego e conta ademais con varias empresas colaboradoras, entre elas a carballesa Construcciones Ramón Vázquez y Reino, que tamén tivo presenza no almorzo informativo.

Comentarios