Sábado. 20.04.2024
El tiempo

50 persoas xa aprenden Galego cos cursos carballeses

cursos_celga carballo
Curso CELGA
50 persoas xa aprenden Galego cos cursos carballeses

Cincuenta persoas participan nos cursos de galego organizados polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo. As accións formativas arrincaron esta semana no Fórum.

O obradoiro de acollemento lingüístico tivo moi boa acollida. De feito, xa están cubertas as 20 prazas ofertadas. Entre os/as participantes hai persoas de distintos países e continentes, que, grazas a esta iniciativa, poderán achegarse á lingua e á cultura galegas para facilitar a súa integración no noso concello. As clases impartiranse todos os xoves, ata o 22 de xuño, de 18.00 a 19.30 horas.

Tamén foi moi alta a demanda para os cursos preparatorios das probas Celga 2, 3 e 4, xa que contamos con trinta alumnos e alumnas repartidos en dous grupos. As clases tamén se imparten os xoves, de 19.30 a 21.00 horas, ata o 1 de xuño, xa que nese mesmo mes celebraranse as probas que convoca a Xunta de Galicia.

Comentarios