Luns. 29.04.2024
El tiempo

A 7ª edición do Youtubeiras lánzase dende Carballo

SNL Youtubeiras 2023
A 7ª edición do Youtubeiras lánzase dende Carballo

Somos moi fans, dende o comezo, do proxecto Youtubeiras que este ano vén de convocar a sétima edición dos seus premios. Fíxoo onte, dende Carballo, un dos concellos que participan na organización a través do seu comprometido Servizo de Normalización Lingüística, xunto cos de Ames, O Grove, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e
Teo, ademais da Deputación da Coruña e da Universidade de Vigo, da Universidade de Santiago.

Este 2023-2024, o lema é ‘Rede aberta, Rede diversa’, continuando ese obxectivo principal que non é outro que o de fomentar a creación en galego no YouTube con temáticas e formatos diversos, así como de promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede.

Os galardóns repartirán 7.500 euros entre as persoas gañadoras de oito categorías, incluído o galardón do público.

Técnicos e concelleiros destacaron a consolidación do proxecto. O ano pasado foron 75 canles presentadas, abarcando 2.600 vídeos, máis de 40.000 subscricións e máis de 2.743.000 visualizacións. Cifras que demostran a incidencia da nosa lingua na rede. 

O prazo de inscrición remata o próximo 17 de novembro e poden facelo a través de https://youtubeiras.gal/inicio/

Xurado

O xurado deste 2023 está composto por: Nee Barros (@neeumatiko), divulgadore cultural, escritore e youtubeire, quen se fixo co galardón a Youtubeira/o na pasada edición; Fátima Souto Muñiz, bolseira do Servizo de Normalización do Concello de Ames; Irene Pin, creadora audiovisual; Rodri Míguez, xornalista musical e membro de equipos de comunicación de festivais e artistas, e Belén Puime, creadora de contido audiovisual a través do perfil @pringadas.serie tanto en TikTok como en Instagram.

Categorías

As categorías este ano volven ser as seguintes: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e o Premio do Público.

Campañas de difusión

Unha das novidades deste ao serán os obradoiros que o proxecto desenvolverá nos centros de ensino dos concellos implicados. A creadora de contidos María Rúa, coñecida pola canle PradoRúa, será unha das voces encargadas de achegarlle ao alumnado a realidade do galego como ferramenta de creación e posicionamento na Rede, a súa experiencia como creadora audiovisual e as claves precisas tanto para coñecer este mundo virtual como para sumarse a el.

@pradorua Tedes que ver Dorothé a vila e a charla de Beatriz Busto no LGx25 #galiza #galicia #galego #folclore ♬ sonido original - pradorua

 

Comentarios