600 achegas afianzan Youtubeir@s como o gran evento dinamizador da rede en galego
Despois de todo un espectacular Carballo Interplay, a creación na rede seguirá sendo protagonista, polo menos, ata comezos de decembro. Porque os 1, 2 e 3 de decembro (ás 20.00 h) desenvolverase a cuarta edición Gala dos Premios Youtubeir@s 2020. Este proxecto, organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago e Teo (no seu día Carballo formou parte da creación), das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña, foi un punto e aparte na creación de vídeos en galego na rede, como o youtubeir@ Aquel-e recoñecía esta fin de semana no mesmo Interplay:
Duplicando a participación
Este ano son un total de 537 vídeos e 68 canles as presentadas duplicando a cifra de 2019.
A organización ten preparado unhas sesións retransmitidas por streaming no Youtube, e conducidas polas poetas María Lado (natural de Cee) e Lucía Aldao. Farán entrevistas c@s finalistas dos tres premios principais (canle, youtubeir@e vídeo) escollidos polo xurado: Brais Romero, Rosa Moreiras, Matías Tarrío, Xoana e Mabel Montes.
Son un total de 12 categorías (canle, vídeo, youtubeir@, calidade lingüística, impacto, calidade técnica, comunicación, creatividade, musical, didáctico, pioneiro e premio do público. Os tres primeiros acompañaranse cunha dotación económica de 1000 euros e os nove restantes chegarán aos 500 euros, sendo un total de 7.500€.
Outros certames
- A creatividade fluíu na rede gracias ao Carballo Interplay.
- Bo momento para prepara o teu traballo para o Certame de videos, podcast e regueifas de AMEGA.
- 2019: Xacobo de Toro, un dos premios Youtubeir@s.
- 2019: O Proxecto Youtubeir@s recibe o Premio Mil Primaveras da CTNL.
- Eva Rama, de Entretendo: "É importante que a xente se atreva a quedar nos pobos pequenos"