#8M: O Feminismo baixou a pé de rúa en Carballo
Completou Carballo, na tarde dominical, o póker de accións conxuntas que os 4 colectivos da Costa da Morte artellaron co gallo do Día Internacional da Muller. Afortunadamente, ningunha sucumbiu ao medo do coronavirus, e a algunha voz desautorizada que solicitaba a suspensión das manifestacións, demostrando que o feminismo está moi vivo, e non é unha cousa de elites.
O feminismo está a pé de rúa, como o demostrarou as bravas mulleres do Círculo Feminista de Carballo coas súas mesas informativas ao longo da xornada dominical. O 8 marzo pechábase cunha marcha festiva chea de reivindicacións e cantigas nas que o feminismo vén para adiante e o machismo cara atrás.
A lectura do manifesto comezou lembrando a manifestación de Verín da semana pasada. E o lemas “Sen coidados non hai vida” quere poñer o foco de atención no invisible, nesas tarefas que permiten que o día a día siga sendo posible. Neses traballos da casa que poñen a vida no centro de todo, e da necesidade de poñer en valor todo ese esforzo silenciado que cómpre compartir.
Esixen políticas que garantan os servizos públicos, como o aumento dos permisos de maternidade, a día de hoxe, os máis curtos de Europa.
Pecha así unha fin de semana histórica na Costa da Morte, na que os 4 colectivos feministas comezaron a ver brotar a semente botada naquela Tertulia Violeta de novembro na radiONeria con QPC, e artellaron un plan común, e tecendo as redes da comarca.
En Carnota estiveron tamén as mulleres da Buserana de Cee, das Curandeiras de Vimianzo e do Círculo Feminista de Carballo; en Vimianzo tamén estiveron as bravas mulleres de Carnota, Cee e Carballo; á manifestación de Cee acodiron dende Carnota, Vimianzo e Carballo; e á Carballo non faltaron as chegadas de Carnota, Cee e Vimianzo, para demostrar que as mulleres unidas son moito máis fortes, e seguirán batendo contra o patriarcado.
A cita carballesa contou ademais con numerosas forzas vivas da comarca de Bergantiños, na que a mocidade demostrou que hai un cambio real na nosa sociedade.
Feminismo a pé de rúa
#8M2020 en @carballo_gal co @circulofemcarb e @Galegas8M berrando contra as institucións #patriarcais a lacra do #machismo e recordando que si nos tocan a unha tocan nos a todas. Recordade #SenCoidadosNonHaiVida #xuntxsmáisfortes @buseranas @obloque @MovFemCorunha @MMMGaliza pic.twitter.com/eZUKQFhBNR
— Rebelión Aluminio 🔻 (@RebelinAluminio) March 9, 2020
Fotos de Rebelion Aluminio
Novas 8M
- #8M: Cee acolleu unha combativa e festexeira manifestación comarcal.
- #8M: As Curandeiras, e máis de 200 mulleres, batiron os tambores contra o patriarcado en Vimianzo.
- #8M: Unha cadea humana de mulleres para encher a praia de Carnota de sororidade.
- As ‘Zoquiñas vermellas’ saíron do forno para quecer o 8M.
- “As mulleres con problemas de adicción sofren unha doble discriminación, por ser consumidoras e polo feito de ser mulleres”.
- Un bus de Mulleres da Costa da Morte acodiu á manifestación en Verín previa ao 8M.