![primavera-ruta-senda-nova]()
O pasado domingo, case medio centro de camiñantes percorreron os "Camiños de Caión"
A
9ª Primavera en Ruta de Senda Nova vai chegando ao seu fin. O pasado domingo medio cento de camiñantes - entre eles, uns 20 alumnos e alumnas da Escola Ambiental - fixeron o penúltimo dos roteiros que nesta ocasión discorreu polos "Camiños de Caión".
A través desta camiñata, os participantes divisaron o encanto desta vila mariñeira e do seu contorno desde múltiples perspectivas. O camiño comezaba baixo unha brétema que cubría a vila, ainda que non impideu que os participantes emprenderan a súa particular viaxe. Dende alí dirixíronse ao convento dos Agostiños, á igrexa do Socorreo e ao pazo dos Condes de Graxal que acompaña a igrexa. Seguindo os trazados do mar ao carón da costa, os camiñantes descubriron furnas cargadas de segredos. Tamén houbo tempo para observar os campos de labradío que dan vida ás coñecidas hortalizas de Caión que enchen os mercados da zona.
Un vez que chegaron ao Rapadoiro, en Baldaio, os camiñantes fixeron a súa parada de rigor. Este é un punto de inflexión entre a costa e o interior dende a cal se pode apreciar unha paisaxe totalmente diferente e que dá paso a lugares descoñecidos incluso entre a veciñanza da zona, tales como o “pozo das rás”, unha formación húmida un tanto descoñecida e cuberta de misticismo. O lugar do Outeiro devolveulle aos camiñantes a paisaxe costeira que os conduciu ata a ermida dos Milagres de Caión.
Próxima cita
A próxima e última cita desta 9ª Primavera en Ruta é este domingo, 3 de xuño, para percorrer os ríos de Sofán. Os interesados en participar ainda poden anotarse no enderezo electrónico asociacion@sendanova.org.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).