Sábado. 02.11.2024
El tiempo

A asociación Un Paso Máis programa un inverno cargado de actividades deportivas e culturais

A asociación Un Paso Máis programa un inverno cargado de actividades deportivas e culturais
equitacion-un-paso-mais A agrupación deportiva Un Paso Máis organiza varias actividades ao longo do curso académico. Imaxe: Facebook Un Paso Máis Despois dun verán cargado de actividades, a agrupación deportiva Un Paso Máis comeza o vindeiro luns as súas actividades deportivas, culturais e de ocio que realizan durante todo o curso académico. Entre as actividades que ofrecen están o multideporte, fútbol, pádel, equitación, artes plásticas, natación e natación terapeútica e, por primeira vez, esgrima. Ao longo do ano continuarán facendo talleres temáticos como Olería Familiar, que se desenvolve na casa do Oleiro de Buño, Autonomía Persoal, Pequechef, Artes plásticas para todos e pronto anunciarán outro que están preparando. Colaboracións Por outra parte, Un Paso Máis e o Casino de Carballo firmarán proximamente un acordo de colaboración a través do cal os membros de ambas entidades poderán beneficiarse de todas as actividades que organicen ao longo do ano. Tamén este sábado, día 16, ponse en marcha a colaboración entre a agrupación deportiva e a nutricionista María Viña co fin de coñecer máis información sobre unha axeitada alimentación como complemento ao deporte. E como vén sendo habitual, o grupo denominado "A Tribu" continúan reuníndose todos os luns entre as 10 e as 12 horas na cafetería Deluxe de Carballo co fin de compartir un café e unha conversa. As persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades poden poñerse en contacto cos membros da asociación Un Paso Máis a través do número de teléfono 616574964 ou no correo electrónico [email protected].   Novas relacionadas Fonte

Comentarios