A BDT de Carballo convoca un novo curso para optar aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3
07:05 10/03/17
Ao longo destes anos, a BDT de Carballo formou un total de 267 persoas para adquirir os certificados de profesionalidade
A Bolsa de Traballo (BDT) do concello de Carballo organiza un ano máis un curso preparatorio das probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación (DOG núm. 46 do 7 de marzo de 2017);un requisito imprescindible para as persoas tanto ocupadas coma desempregadas que carecen da titulación mínima esixida para optar aos certificados que acreditan a súa experiencia profesional.
Ao longo destes anos, a BDT de Carballo formou un total de 267 persoas, e no 2016 a porcentaxe de aprobados foi dun 87%. Este ano está previsto organizar novamente un curso preparatorio sempre que se reúna un número mínimo de participantes. As persoas interesadas poden inscribirse ata o mércores 15 de marzo na Bolsa de Traballo, no 2º andar do Fórum Carballo, en horario de 10 a 13 horas.
Con esta formación o alumnado poderá optar con maior seguridade, confianza e preparación ás probas convocadas pola Xunta de Galicia mediante a consellería de Economía, Emprego e Industria, que se celebrarán o 13 de maio no recinto feiral de Silleda, en horario de mañá para o nivel 2 e de tarde para o nivel 3.
As competencias clave comprenden un conxunto de contidos xerais de formación básica en diferentes áreas de coñecemento, como son Lingua Galega, Lingua Castelá, Inglés e Matemáticas. Son un instrumento para crear oportunidades de aprendizaxe ás persoas que carecen delas. Unha vez adquiridas as competencias clave, permitiralles a estas persoas participar da etapa do aprendizaxe ao longo da vida e adaptarse de forma apropiada ás necesidades do mundo da produción, do traballo e os cambios que se produzan na sociedade.
Xubilación de Carmen Nión
Compañeiros de traballo e familiares asistiron ao acto de despedida de Carmen Nión pola súa xubilación
Por outra parte, onte tivo lugar o acto de despedida que se lle ofreceu hoxe a Carmen Nión, traballadora do servizo de axuda no fogar, pola súa xubilación despois de 13 anos no servizo. Ao acto asistiron familiares de Carmen, compañeiras da área de Igualdade e Benestar, o alcalde e os concelleiros Maica Ures e Marcos Trigo. Evencio Ferrero agradeceulle a dedicación durante este tempo e desexoulle que goce da súa xubilación.
Ana Hoyuelos, xefa do departamento de servizos sociais, destacou que foi unha das "pioneiras" do servizo, sobre todo na atención á dependencia, e destacou o seu bo facer. A homenaxeada lamentou xubilarse, porque "traballar axudando a outras persoas é algo que levaba dentro". Carmen recibiu agasallos das compañeiras, do comité de empresa e o persoal municipal e tamén do concello.
Novas relacionadas
- A BDT de Carballo ofrece novos cursos para desempregrados
- O 90% do alumnado da BDT aproba os exames de acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 2
- Alumnos da Bolsa De Traballo de Carballo realizan as prácticas en prevención de riscos laborais
- Douscentos desempregados participan nos cursos da Bolsa de Traballo de Carballo
- Remata o prazo para participar no curso de competencias clave de nivel 2 en Carballo
- Máis ofertas no comezo 2016 na Bolsa de Traballo do Concello de Carballo
- Traballarnacosta, o Infojobs da Costa da Morte.
- A Bolsa de Traballo de Carballo acadou 187 insercións laborais en 3 anos.
- Unha ollada aos completos cursos de Soldadura, Hostalería e Electricidade do Forum Carballo.
- 75 persoas fórmanse en Carballo co obxectivo da inserción laboral.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected]).
- BDT Carballo.