A Garda Civil intervén a tempo e evita que un home faleza intoxicado polos gases do seu vehículo
Momentos de tensións vividos entre os axentes da Garda Civil do Posto Principal de Carballo. Recibían a alerta da desaparición dun home a través dun familiar, que avisaba da intencións suicidas do mesmo. O corpo de seguridade iniciou rapidamente un dispostiivo de busca, e acharon ao home, no seu vehículo estacionado nunha esplanada da vila, cunha mangueira que conectaba o tubo de escape conectada cara ao interior do habitáculo.
Unha vez no lugar dos feitos, os axentes invertiron rapidamente desenganchando a mangueira e e evacuando ao individuo que estaba no interior, quen mostraba claros signos de desorientación.
A rápida actuación da patrulla evitou o falecemento desta persoa por intoxicación dos gases do vehículo, xa que debido ao estado en que se atopaba cando foi auxiliado, difícilmente ía durar con vida moito tempo máis.