Luns. 09.09.2024
El tiempo

A ONG Viraventos trae a Carballo a súa exposición "Galegas coma ti"

A ONG Viraventos trae a Carballo a súa exposición "Galegas coma ti"
galegas-coma-ti-viraventos A mostra pode visitarse na rúa Coruña ata o día 11 de decembro A exposición "Galegas coma ti", organizada pola ONG Viraventos co apoio da Deputación da Coruña e Gadis, chega a súra Coruña de Carballo onde permanecerá entre o 28 de novembro e o 11 de decembro. Esta mostra contra a discriminación racial quere promover na sociedade galega unha actitude de acollida e respecto pola diversidade. A exposición consta de tres módulos expositivos que combinan textos sobre a igualdade de dereitos das persoas migrantes con fotografías de Xurxo Lobato e deseño de Xosé Díaz nas que aparecen inmigrantes xunto a persoas galegas de relevancia pública no ámbito cultural. Participan, entre outros, o escritor Manolo Rivas, o presentador da TVG Xosé Ramón Gayoso, a gaiteira Susana Seivane, as actrices Isabel Risco e Lucía Regueiro, a xornalista Fernanda Tabarés, o cineasta e cantante Antón Reixa e o presidente do Deportivo, Tino Fernández. Senegal, Rumanía, Marrocos, Cuba e Bolivia son os paises de procedencia da poboación inmigrante representada. Fonte

Comentarios