martes. 26.05.2026
El tiempo

Música, arte urbana e skate, protagonistas no novo Basliña Fest

Nace o Balsina Fest de Carballo
Na presentación participaron o alcalde, Daniel Pérez; o concelleiro de Mocidade, Daniel Barreiro, e representantes dos pubs da rúa da Estrela.
Música, arte urbana e skate, protagonistas no novo Basliña Fest

Nace o Balsiña Fest, un festival de cultura urbana de acceso gratuíto que encherá a Skate Praza do Rego da Balsa o sábado 13 de xuño de 2026.

Nado da colaboración entre a Concellería de Mocidade e os emblemáticos pubs da Rúa da Estrela Magic, Goat, American Dreams e Goldie, este festival é a evolución natural do tradicional Pre San Xoán para transformalo nunha cita moito máis ampla e ambiciosa. 

O Balsiña Fest articúlase arredor de tres eixos identitarios:

  • Música urbana: concertos e sesións de DJs desde o mediodía ata a noite.
  • Skate jam: organizada man a man co colectivo local de skaters, para converter a Skate Praza nun espazo de pura competición e exhibición.
  • Instalación artística: unha peza colaborativa coa AC Cascabullo que aposta polo deseño e a creación visual como linguaxe propia da mocidade.

Balsina Fest carte Carballo

A música será o fío condutor do festival, no que se alternarán grandes promesas estatais con DJ sets e artistas da zona. Como cabeza de cartel, desde Santa Comba chega LG1DO. Con só 18 anos, é unha das voces emerxentes máis potentes da escena urbana estatal. Cunha mestura de galego e castelán melódico, acumula máis dun millón de escoitas, e o seu tema Darche chegou ao TOP 4 do 50 viral de España en Spotify. Compartindo o liderado do cartel nesta primeira edición estará Collazo, outro dos artistas emerxentes do panorama musical galego. O carballés Tunaboy porá a representación artística local sobre o escenario. 

E, na cabina, unha coidada selección de DJs locais fará vibrar o parque: Kelsier, Emete, LouLow, Cotelo, DJ Roy e Luciano Macaro.

Máis novas

Comentarios