xoves. 17.07.2025
El tiempo

A primeira promoción de FP Monteneme reúnese en Carballo 33 anos despois

A primeira promoción de FP Monteneme reúnese en Carballo 33 anos despois
Orlas de antigos alumnos do Monteneme

Que fermosos estes encontros e que curioso como unen as redes sociais. Máis de 30 anos depois serven de punto de encontro para artellar un emotivo reencontro.
Así, este vindeiro sábado, 30 de novembro, en Carballo, daranse cita os alumnos da primeira promoción das ramas de Administrativo e Metal de Formación Profesional Monteneme, nun xantar de confraternidade que terá lugar no Restaurante Xabarín. Un encontro que se prevé moi emotivo porque unha gran maioría daqueles mozos de 18 anos, que hoxe superan o medio século de vida, non volveron a verse durante os últimos 33.

A primeira promoción de FP Monteneme comezaba no ano 1975 no Colexio da Cristina, posteriormente pasarían aos baixos da Igrexa Municipal ata que se inauguraba o centro, hoxe denominado IES Monteneme, no ano 1978. Daqueles 150 alumnos matriculados no primeiro curso remataban a súa formación no ano 1980 apenas unha trintena (20 de Administrativo e 13 de Metal).

E damos conta da Orla de Administrativo:
Na 1ª fila os profesores: Manuel, Manuel (cura), Mercedes, Xusto, Visi, Leites, Josefa, Maria Luisa e Álvarez.
Alumnos: Adolfo Carballido, Milagros Blanco, Esther Lorenzo, Pilar Martínez, Dolores Suárez, Dolores Cambón, Carlos Calvelo, Estrella Tasende, José Antonio Vázquez, Teresa Torrado, Luz Rey, Estrella Mariño, Jesús Souto, Manuel Pensado, Teresa Pérez, Maria Dolores Rodríguez, José Manuel Pena, Margarita Vázquez, Jaime Suárez, e Juan Carracedo

Orla de Metal: No círculo do centro os profesores: Taracido, Trashorras, Antonio Otero, Abelardo, Gato, María Mariño, Álvarez.
Alumnos: José Manuel Rodríguez, Aurelio Sanchez, José Mª Rodríguez, Enrique Díaz, Alfredo García, Juan Antonio R. Tedín, Francisco Graña, Justo Pose, J. Antonio Ramos, Ramón Pensado, Jesús Arijón, José Fidalgo. José Ramón Rey.

Que o disfruten!

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios