A última fin de semana de maio e a primeira de xuño correrán as eTapas por Carballo

07:49 21/03/18

Xa hai data para a 6ª edición do Carballo por Etapas xa está en marcha. Esta semana celebrábase unha reunión entre os promotores, Carballo e Axober, á que acodiron 18 empresarios do sector da hostalería. Quedaron fixadas así as datas para este 2018. Será a última fin de semana de maio (25, 26 e 27) e a primeira de xuño (1, 2 e 3). Os horarios non varían: os venres, de 20.00 a 22.00 horas, e os sábados e domingos, de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00.
Manterase o tren turístico e as cartas para votar, e repetiranse a calidade e creatividade dos pinchos.
Os establecementos que desexen sumarse á nova edición de Carballo por Etapas poden facelo cubrindo a solicitude que aparece ao final desta nova e presentándoa no Rexistro do Concello de Carballo, ben presencialmente ou de forma telemática, ata o vindeiro 9 de abril. Para máis información, os/as interesados/as poden poñerse en contacto coa Oficina de Turismo do Concello de Carballo a través do número 981 702 077.Fonte
- Concello de Carballo.