Venres. 03.05.2024
El tiempo

Aberto a toda a veciñanza o novo concurso de postais "Máis de Carballo que o pan"

Mais de carballo que o Pan 2023
Aberto a toda a veciñanza o novo concurso de postais "Máis de Carballo que o pan"

Abre o prazo de presentación, ata o 30 de setembro, da terceira edición do concurso de postais "Máis de Carballo que o pan". Se nos anos anteriores a campaña estaba dirixida para artistas locais, este ano o Concello abre o abano a toda a veciñanza, invitando a presentar unha postal que inclúa ou faga alusión ao pan de Carballo ou a Carlos O Xestal. E se xuntas os dous, moito mellor!

Haberá cinco premios para os cinco deseños que, ao xuízo do xurado, representen mellor o pan e/ou ao Xestal. O xurado estará formado pola pintora carballesa Rakele Cavallo, o deseñador gráfico carballés Óscar Vázquez, autor da imaxe do Ano do Xestal, e o profesor, músico e dinamizador social Xurxo Souto. O fallo farase público o 6 de outubro e a difusión das postais comezará o 16, Día Mundial do Pan. Cada premio estará dotado con 100 euros.

Podes participar enviando o teu deseño a @carballomola (tamén podes compartilo na túa conta) ou ao enderezo electrónico [email protected]
 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios