luns. 02.06.2025
El tiempo

Administración local e avespa velutina: ensinanzas prácticas que non saen nos libros de texto

Administración local e avespa velutina: ensinanzas prácticas que non saen nos libros de texto
VISITA do alcalde A CRISTINA - RECEPCION Os alumnos do CEIP A Cristina visitaron o Concello de Carballo

Son protagonistas estes días os centros escolares de Carballo acollendo interesantes campañas educativas que van máis alá dos libros de texto. Unha visita do alcalde é sempre interesante, como o é forma parte da batalla contra a avespa velutina.

“Que é o que máis lle gusta de ser alcalde?”

“Como se sentiu cando o elixiron alcalde?” ou “Por que non se constrúe un parque acuático en Carballo?” foron algunhas das numerosas preguntas que traían preparadas os 26 alumnos e alumnas do CEIP A Cristina para a súa entrevista de onte con Evencio Ferrero. Un terceiro grao en toda regra ao que o alcalde e a concelleira Milagros Lantes respostaron co compromiso de ter en conta as súas propostas.

Os escolares de 3º ESO puideron ademais coñecer as dependencias municipais. En primeiro lugar estiveron na Oficina Técnica, onde tiveron a oportunidade de coñecer o municipio a vista de paxaro entre planos, mapas e a última tecnoloxía en cartografía.
O momento máis agardado polos nenos e nenas chegou ao final da xornada coa visita ás oficinas da Policía Nacional e da Policía Local. Tras descubrir como se fai un DNI e un pasaporte, todos/as quixeron probar a deixar a súa pegada dactilar. Finalmente, trasladáronse á comisaría local para saber do día a día dos axentes e coñecer de preto estancias tan sorprendentes como os calabozos.

Campaña “velutina

A campaña contra a velutina tamé chegou a Aspaber A campaña contra a velutina tamé chegou a Aspaber

Paralelamente todos os centros escolares carballeses (e mesmo Aspaber) participaron na campaña divulgativa sobre a avespa velutina promovida desde as concellarías de Obras e Servizos, Medio Ambiente e Educación, coa colaboración da empresa de control de pragas e os apicultores locais. O máis positivo é que xa contan cungran grupo de voluntarios para o comezo da campaña de trampeo, e colocar as 400 trampas que ten dispoñibles o Concello de Carballo.

Fonte

  • Carballo.

Comentarios