Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O alumnado de atención sociosanitaria do Fórum Dual completa a súa formación con prácticas en institucións sociais de Bergantiños

Alumnado Atencion Sociosanitaria Forum
O alumnado de atención sociosanitaria do Fórum Dual completa a súa formación con prácticas en institucións sociais de Bergantiños

Gracias a un novo convenio asinado polo Concello e varias institucións, o alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego Fórum Dual na especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, poderá facer as prácticas preto da casa. A Asociación de pais de discapacitados psíquicos de Bergantiños (Aspaber), Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias de Bergantiños (Afaber), Asociación Íntegro das persoas con diversidade funcional da Costa da Morte, Centro de día da Praza de Vigo e Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) son as entidades que recibirán ás xa profesioais para que leven á vida real os coñecementos teóricos adquiridos durante o primeiro trimestre.

Cada unha das dez alumnas-traballadoras realizará prácticas polo menos en dúas institucións diferentes para coñecer o traballo con persoas maiores, por unha banda, e con persoas con discapacidade, pola outra. O período de prácticas abrangue desde o 9 de maio ata o 27 de setembro.

Paralelamente continúa tamén o curso de cociña no Forum, formando outras 10 persoas.
 

Comentarios