domingo. 01.12.2024
El tiempo

O alumnado de Carballo, os mellores Espías no Bosque

Espias no Bosque con Senda Nova Charlas nos coles Carballo
O alumnado de Carballo, os mellores Espías no Bosque

Fermosa, outra máis, iniciativa de Senda Nova para achegar a natureza á rapazada carballesa. Ponse en marcha, ademais da pioneira Escola Ambiental, o programa Espías no Bosque, un programa de cgarlas polos coles para falar dos mamíferos autóctonos galegos.

Varios centros inscribíronse neste programa financiado pola deputación e xa están recibindo as charlas dos profesionais da entidade medioambiental. O proxecto achega información e contidos sobre dúas especies de mamíferos autóctonos a través de audiovisuais e tamén do reparto de diverso material didáctico entre o que están os trípticos, posters, barallas…etc.

Ademais das charlas, tamén haneráobradoiros de pegadas e indicios ou saídas interpretativas que se celebran con escolares e tamén con outro tipo de colectivos, sendo de idades moi diferentes.

Espias no Bosque con Senda Nova Audiovisual

Máis novas

Comentarios