Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Alumnos carballeses aprender a debater

Alumnos carballeses aprender a debater
Alumnos de Carballo participaron no comezo do Clube de Debate

Esta semana, un grupo de alumnos do IES Parga Pondal de Carballo erstreaban en Ames o Club de Debate. Foi de feito unha xornada de formación que serve de punto de partida para a fase clasificatoria da competición prevista para o mes de marzo no Concello de Teo.

Un xeito de aprender a debater en grupo, en galego, e obter máis ferramentas ao alumnado e ao profesorado para mellorar as técnicas de debate.

O tema sobre o que traballarán os equipos de escolares que participen este ano na fase clasificatoria será "Nós a nosa idade o único que temos que facer é estudar e pasalo ben". Case 100 estudantes de institutos dos catro concellos tomarán parte nesta fase. Para preparala, os rapaces e rapazas estiveron divididos en tres grandes grupos de 25 participantes cada un. O alumnado foi rotando entre tres actividades diferentes que tiveron unha duración de 45 minutos cada unha. Estas actividades foron un obradoiro de técnicas de oralidade, habilidades sociais e comunicativas; un obradoiro de posta en situación denominado A dinámica do certame de debate; e un obradoiro de busca de información e preparación de argumentos.

A xornada de formación rematou cunha simulación de debate por equipos. A cada equipo déuselle un tema sinxelo e de actualidade para que, en pouco tempo, elaborase unha pequena exposición inicial e unha listaxe de argumentos a favor e en contra. O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu tres equipos dos centros composteláns IES Antonio Fraguas e do IES Rosalía de Castro; catro equipos do IES Plurilingüe de Ames e do IES do Milladoiro; un equipo do IES Isidro Parga Pondal de Carballo e un equipo do IES de Cacheiras de Teo.

Os equipos gañadores do primeiro enfrontamento clasificatorio en Teo participarán na fase final que se celebrará en Ferrol o 26 de abril. O equipo gañador da fase galega conseguirá un premio dunha viaxe convivencia dunha fin de semana para 20 persoas nun lugar da xeografía galega no que, entre outras cousas, poida coñecer novos aspectos da súa realidade idiomática.

O Concello co Fondo de Cooperación

O Concello de Carballo colabora nunha iniciativa do Fondo Galego de Cooperacion e Agareso polo Dia da Radio

Interesante a participación do Concello de Carballo nunha iniciativa do Fondo Galego de Cooperación. Unha campaña na que participan ademais, polo Día Mundial da Radio, a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso), e que pretende diminuír o impacto das catástrofes naturais no Salvador a través da difusión de información a través da radio.

Unha proposta que pretende aproveitar a capacidade dos medios comunitarios e da educación para o desenvolvemento para diminuír o impacto dos desastres naturais.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios