Venres. 19.04.2024
El tiempo

Ana Pontón: "Evencio é o mellor alcalde da historia de Carballo e seguirá séndoo"

FOTO ANAPONTÓN EVENCIO FERRERO PRESENTACIÓN CANDIDATO CARBALLO 1
Ana Pontón: "Evencio é o mellor alcalde da historia de Carballo e seguirá séndoo"

Acompañada de Ana Pontón, Evencio Ferrero realizaba a presentación da súa candidatura para ser reelexido como alcalde de Carballo o vindeiro 28 de maio. Unha data importante para os nacionalistas bergantiñáns, na que a voceira nacional do BNG chegou a declararse “emocionada e orgullosa” do que calificiou como "mellor alcalde que nunca tivo o concello, e que por iso seguirá contando co apoio da inmensa maioría da veciñanza tras o 28M".

“Digo con humildade pero tamén co máximo orgullo: Os gobernos municipais do BNG son gobernos de calidade, solventes, que saben xestionar con eficacia cada euro,  son gobernos con capacidade de transformar en positivo e de mellorar a vida das persoas, gobernos que dan aos concellos puxanza e dinamismo económico, social e cultural. E aquí está Evencio e todo o seu equipo para demostralo con feitos”, argumentou.

Pero Pontón enumerou tamén outros tres factores que, ao seu xuízo, converteron ao actual rexedor no mellor alcalde de Carballo: "o seu amor polo concello, o seu liderado e a súa calidade humana." Calificouno como “o mellor dos capitáns a fronte dun equipo excepcional de homes e mulleres que reúnen  experiencia e xuventude, un equipo de persoas solventes, traballadoras, honestas e con todas as ganas de mundo para que Carballo siga avanzando e progresando”.

Durante a súa, Pontón destacou algúns dos logros do proxecto municipal do BNG que teñen convertido Carballo nun referente en Galiza, empezando polo seu urbanismo sostible e á medida das persoas, -“por que non dicilo? Hoxe Carballo está guapo, mola”-; pola recuperación e a cohesión dos barrios; polos servizos públicos que ofrece, as políticas feministas e a favor da igualdade social.

“Se cun Goberno do PP á contra na Xunta o BNG logrou facer de Carballo un referente,  imaxinade o que poderá facer Evencio e todo o seu equipo cando teñan un goberno da Xunta a favor, un goberno liderado polo BNG e que, por primeira vez na historia, conte unha presidenta coas mans libres, coa cabeza e o corazón en Galiza”, interpelou, ao tempo que avanzaba toda a colaboración dun goberno galego liderado polo Bloque.

Comentarios