Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aparece o corpo dunha persoa flotando no mar na zona de Baldaio

Aparece o corpo dunha persoa flotando no mar na zona de Baldaio
Un pesqueiro que traballaba na zona de Baldaio, en Carballo, atopou esta mañá o corpo dunha persoa flotando. De inmediato, avisaron aos servizos de emerxecias que foron quenes rescataron o cadaver.

Sobre as 11:30 horas, a Policía Local comunicaba o achado ao persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia que, ao mesmo tempo informou á Garda Civil. Os axentes – que xa tiñan constancia do suceso - indicaron que, tras ser rescatado, o corpo ía ser trasladado na embarcación ata o Porto da Coruña.

Polo momento, as Forzas da Orde descoñecen a identidade da persoa.

Fonte

Comentarios