Aprendendo natureza na escola Ambiental de Senda Nova
Que importantes son estas accións formativas en materia ambiental. Xa que no centros de ensino o tema medioambiental tócase de canto, son as entidades socias as encargadas de trasmitir eses valores de coidado do patrimonio Natural.
Falamos da Escola Ambiental de Senda Nova, esta brava entidade carballesa que non deixa de armar actividades relacionadas co entorno. Despois de comezar as charlas polas escolas, este pasado sábado tiña lugar a presentación da nova edición da Escola Ambiental no Pazo da Cultura de Carballo.
Durante 8 meses, dende novembro a xuño, toca unha cita semanal cos nenos e nenas apuntados, que poderá ser unha sesión de aula ou nunha actividade no medio natural, como roteiros de sendeirismo, dinámicas na natureza, e outras actividades moi diversas.
Nesta primeira toma de contacto tamén houbo un oco para coñecer mellor aos novos compañeiros e monitores e de paso romper un pouco o xeo, cunhas dinámicas e uns xogos de presentación.
Novas relacionadas- Senda Nova bota a andar a súa escola ambiental
- Sesenta camiñantes estrean o IV Outono en Marcha de Senda Nova.
- Seis rutas de sendeirismo compoñen o programa de outono de Senda Nova
- Senda Nova presenta o seu programa de marchas para o outono
- Senda Nova remata o seu verán máis natural
- Redacción QPC ([email protected])
- Senda Nova