Aprendendo a usar as Novas Tecnoloxías
Rematou esta semana o curso de Alfabetización Dixital e Habilidades Sociais que a Fundación Érguete e os Servizos Sociais de Carballo impartiron durante este mes de novembro na Aula CeMit do Pazo da Cultural. Unha ducia de participantes formáronse para a busca de emprego, aprenderon sobre as redes sociais e o uso do correo electrónico para encontrar emprego.
Ademais, co ánimo de coñecer de preto os recursos carballeses en materia de inserción, foron ao Fórum de visita e a coñecer as instalacións e as distintas formacións que se ofrecen alí. A responsable da Bolsa de Traballo Municipal de Carballo, así como o director do SEPE e a orientadora laboral explicáronlles as distintas ofertas e recursos que ten o Fórum.
Entre as actividades realizadas viron unha obra de teatro sobre a violencia de xénero e unha charla sobre a seguridade víal na que participou a asociación Stop Accidentes coa participación de unha vítima.
”O curso resultou agradable e permite que se poidan realizar máis accións similares en Carballo. Os formadores do curso explicaban as cousas ben e con paciencia”, explica unha das usuarias.
NOVAS RELACIONADAS
- A Fundación Érguete constrúe novas masculinidades en Carballo.
- Carballo amosa outros “Xeitos de ver: Construíndo masculinidades positivas”:
- Érguete abre en Carballo un Servizo de Orientación Laboral para persoas en proceso de excarceración.