Arden dous colectores de lixo da rúa Venus de Bombeiros

06:25 29/07/17

Pasadas das 2:45h da madrugada do venres ao sábado, os Bombeiros de Carballo tiñan que acodir á rúa Venus da mesma localidade por mor dun incendio que afectaba a 2 colectores de lixo.
Ao chegar xa estaban practicamente calcinados e procederon a extinguilos e a evitar que o lume se propagase pola maleza que había ao carón. Un terceiro colector salvouse do lume gracias a que a Policía Local o apartou. O lume non afectou a outros bens nin causou danos persoais.
Fonte
- Bombeiros de Carballo.