Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Arranca en Carballo a Semana Europea da Mobilidade cunha charla sobre o Pedibús

Arranca en Carballo a Semana Europea da Mobilidade cunha charla sobre o Pedibús
Por segundo ano, o concello de Carballo súmase á celebración da Semana Europea da Mobilidade; unha citá á que dende o ano 1999 concorren varias cidades de todo o continente e que se celebra do 16 ao 22 de setembro. En Carballo comezaron onte as actividades cunha campaña informativa sobre o Pedibús. Os destinatarios foron as aulas e os fogares, xa que, grazas á colaboración dos equipos directivos, todo o alumnado dos CEIP Fogar, Bergantiños, A Cristina e Xesús San Luís Romero levará para a casa un tríptico sobre o Pedibús. O obxectivo é reforzar este saudable sistema de desprazamento nos dous centros nos que xa existe e intentar estendelo aos outros dous. Os máis de trinta nenos e nenas que participan nos camiños escolares terán un papel especial nos actos programados, mañá pola tarde participarán na sinalización das rutas e serán recompensad@s cunha merenda. Máis actividades Pero o acto que marcará o inicio da Semana da Mobilidade en Carballo está previsto mañá venres, ás 18 horas, na Biblioteca Rego da Balsa. Será un encontro aberto a toda a cidadanía no que se darán a coñecer varios proxectos, e que contará coa participación de Milagros Lantes, concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana; Alfredo Garrote, arquitecto municipal; Francisco Javier Vázquez Brage e Alejandro Peña López, de L2 Ingeniería, autores do proxecto da cuberta para o parque do Anllóns, e Mónica Rico, da UTE IPlan Movilidad-Tema Ingeniería, que está a elaborar a estratexia de xestión do espazo público. Precisamente esta semana están a realizarse unha serie de enquisas telefónicas para coñecer os hábitos de mobilidade da poboación, e os días 27 e 28 levaranse a cabo aforos de tráfico e enquisas a automobilistas, peóns e ciclistas, para as cales aproveitamos para pedir a colaboración da cidadanía. Toda a información previa darase a coñecer no acto público do venres. Tamén se presentará a programación de actividades que se levará a cabo ata o 8 de outubro coa colaboración de distintas entidades. Ao longo das dúas semanas haberá proxeccións audiovisuais na biblioteca Rego da Balsa, o sábado 30 celebrarase a Pequerruta en bici organizada polo club ciclista Media Ducia, e o domingo 1 de outubro coincidirán a iniciativa “Camiñamos” da asociación contra o Cancro, e a I Andaina da Marcha Costa da Morte que promove o Club Ciclista Monteneme-Calvo. Á semana seguinte, o sábado 7 realizarase unha ruta urbana en bici coordinada polos tres clubs ciclistas locais: Monteneme, Media Ducia e Club Ciclista Carballo, e o domingo 8 repetiremos a ruta urbana a pé polo núcleo urbano de Carballo guiada por Xan Fernández Carrera. Daranse todos os detalles no acto de mañá. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios