Arrincaron as rutas escolares polo Mapa Literario de Carballo

Falabamos a semana pasada das actividades de fomento do galego do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo. Actividades tan singulares como as rutas literarias que coordina Hadrián García, e que da que xa gorzaron as crianzas do colexio Nétoma-Razo. A rapazada aprendeu moitísimo sobre a historia carballesa na ruta polo Mapa literario de Carballo. O poivalente historiador carballés guiounos por distintos puntos da xeografía urbana que ou ben están vinculados a escritores e escritoras locais ou ben forman parte dos seus relatos.
As rutas realizaranse continúan esta semana coa rapazada do CEIP Plurilingüe A Cristina e tamén participará o San Luís Romero.
Obradoiros de Poesía
Esta semana tamén comezarán os obradoiros de poesía dirixidos a nenos e nenas de segundo curso de primaria, que impartirán Antía Otero e Dores Tembrás, do proxecto literario Apiario. O día 13 estarán nos colexios Nétoma-Razo e Fogar, e continuarán o 19 no Bergantiños, o 20 na Cristina e de novo o Fogar e o 27 no San Luís Romero.
Obradoiros de Toponimia
O día 13 tamén realizarán a primeira ruta-obradoiro de microtoponimia guiada por Fernando Cabeza Quiles, coa participación do alumnado do IES Monte Neme. Os días 19 e 21 repetirán a iniciativa dous grupos do Parga Pondal.
Letras cantadas
E esta semana volven as charlas Letras cantadas, unha iniciativa arredor da celebración do Día das Letras Galegas dedicado ás cantareiras e ás coplas populares, coa que tratamos de fomentar un labor de recollida por parte do alumnado na súa contorna familiar e veciñal máis próxima, contribuíndo deste xeito á preservación desta parte tan importante do noso patrimonio inmaterial. Comezaron o día 3 no IES Parga Pondal e continaurán o 12 no CEIP Fogar, o 13 nos colexios Nétoma-Razo e A Cristina e o 19 no IES Alfredo Brañas.
Máis novas