![obras-rua-desisderio-varela-carballo]()
obras-rua-desisderio-varela-carballo
A partir de mañá mércores,
a rúa Desiderio Varela estará cortada ao tráfico na súa totalidade e só poderán utilizala os usuarios dos garaxes. Os propietarios do edificio O Cedro e do da rúa Jacinto Amigo Lera - que ata agora accedían dende a Gran Vía- terán que entrar pola rúa Jacinto Amigo Lera, que cambia de sentido provisionalmente. Mañá estará colocada a sinalización correspondente.
Os días de feira seguirá permitido o acceso á Desiderio Varela dende Vázquez de Parga e a circulación pola rúa Colón ata a Cervantes.
O motivo deste corte son as obras que se están acomentendo e
cuxa execución ten que estar rematada no mes de maio. Desta forma, a empresa construcciones López Cao poderá comezar coas canalizacións no treito comprendido entre a Jacinto Amigo Lera e a Gran Vía e avanzar, ao mesmo tempo, na pavimentación entre Jacinto Amigo Lera e Colón.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo