“Así, así, nin un paso atrás, Folga, Folga, na Axuda no Fogar”
- A CIG-Servizos solicita xuntanzas cos grupos parlamentarios e a FGAMP para trasladar o problema nos SAF

Ese é un dos berros máis repetidos nas continuas mobilizacións que protagonizan as traballadoras precarias do Servizo de Axuda no Fogar en todo o país. Onte foron máis de 20 concentracións, incluída a de Carballo, e hoxe van outras tantas ao longo da xeografía galega (Mos, Carballiño, Salceda, Tomiño, Vigo, A Coruña, Bambre, Cambados, Becerreá…) e tamén toca parada, ás 13:00h en Vimianzo. Todo no marco dunha folga indefinida que cumpre hoxe unha semana.
Alentadas pola CIG e en contra do preacordo asinado por UGT e CCOO coa patronal, as traballadoras continúan alzando a voz para exixir outro convenio no que se melloren as súas condicións económicas, partindo do incremento do 6,5% que as empresas tiñan que ter aplicado xa en cumprimento da cláusula do convenio -que aínda segue en vigor- que recoñece o seu dereito a actualización salarial anual conforme o IPC.
Paralelamente, CIG-Servizos vén de remitir un escrito á Federación Galega de Municipios e Provincias e máis aos grupos parlamentarios para solicitar unha xuntanza e trasladarlles a situación na que se atopan as traballadoras dos Servizos de Axuda do Fogar.
Novas do conflito do SAF
- 07-11-22: As traballadoras do SAF continúan a súa loita con manifestacións en Santiago e Muxía.
- 04-11-22: As traballadoras do SAF levan as súas demandas aos Concellos de Carballo, Laracha e Vimianzo.
- 03-11-22: As traballadoras do SAF en folga concéntranse polos concellos de Bergantiños.
- 02-11-22: As traballadoras do SAF e as do Consorcio de IeB, en folga.
- 26-10-22: As traballadoras do SAF de Bergantiños únense contra o preacordo da vergonza.
- 24-10-22: As traballadoras do SAF de Cee rexeitan o convenio acordado polos seus sindicatos.