Venres. 19.04.2024
El tiempo

Así quedarán as rúas Río e Montevideo de Carballo tralas obras de remodelación

Así quedarán as rúas Río e Montevideo de Carballo tralas obras de remodelación
Obras da Rua Rio de Carballo Así quedará a Rúa Río de Carballo

En marcha xa o Plan Único da Deputación en Carballo. A remodelación das rúas Río e Montevideo son unhas das obras máis importantes que se van acometer co investimento de 359.367€. O proxecto para a rúa Río ermitirá eliminaranse todas as barreiras arquitectónicas para que sexa accesible a persoas con mobilidade reducida. Deste modo, a rúa pasará a ser semi peonil.

Os traballos, que teñen un prazo de execución de tres meses, tamén incluirán a repavimentación da vía para dotala dunha plataforma única, así coma a renovación de servizos urbanísticos básicos, como son a acometida de auga, a rede de saneamento de augas fecais e pluviais, o alumeado público, ou a electricidade.

proxecto-rua-rio-carballo proxecto-rua-rio-carballo

Doutra banda, o Plan Único da Deputación destina 169.823 euros as obras na rúa Montevideo. Ademais de dotar á calzada dunha plataforma única, ampliaranse as beirarrúas ata os 1,8 metros de ancho, incluíndo tamén as da rúa anexa, Alfredo Brañas. O proxecto para estas obras prevé que se deixará unha zona de aparcamento na marxe esquerda e que a rúa Montevideo pasará a ter un sentido de circulación único.

Novo campo de fútbol “O Periscal - Sofán”

Estes investimentos realízanse dentro do Plan Único, que este ano destina máis de dous millóns de euros ao Concello de Carballo. Ademais das dúas obras que xa están en proceso de licitación, o novo plan provincial tamén financiará a reforma do campo de fútbol de O Periscal - Sofán e a reurbanización do entorno do CEIP Xesús S. L. Romero.

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.

Comentarios