Venres. 18.06.2021
El tiempo

A Asociación Vieiro, 30 anos de información, orientación e asesoramiento

Pilar Mata e Xosé María Arán son dous dos responsables de Vieiro
A Asociación Vieiro, 30 anos de información, orientación e asesoramiento

O vindeiro mes de setembro a Asociación Vieiro cumpre nada menos que 30 anos. 30 de servizo público, fomentando a información, orientación e asesoramento, educando, concienciando facendo da prevención unha folla de ruta para melloras as condutas aditivas relacionadas co consumo de sustancias ou

Lembra Xosé María Arán aqueles primeiros anos, cando a entidade se convería “nun bálsamo para familias e afectados”. Unha entidade que hoxe segue funcionando, máis ca nunca, con proxectos nas escolas no traballo comunitario, na inserción laboral, no apoio á poboación xuvenil e ás familias das comarcas de Bergantiños, Soneira, Fisterra e Xallas.

Vieiro comezaba en 1991 nun local no Concello de Carballo, pasou moitos anos na Rúa Vázquez Parga (dende o 1998) ata o dramático incendio acontecido o pasado mes de outubro, que provocaba o seu traslado á súa nova sede, aínda provisional no local de A Cristina.

A entidade, que trata arredor das 200 demandas persoais anuais, atende un perfil variado. Pero tamén realiza estudos interesantes sobre o uso do alcohol entre os menores, ou o uso abusivo das novas tecnoloxías entre a mocidade.

Vieiro, que lembra ademais os 26 anos de presidencia de José Manuel Vázquez Gómez, falecido en 2017, invita a contactar coa entidade na sé da Asociación Vieiro sita temporalmente na Rúa Xazmíns, Nº 2, Baixo de Carballo, ou utilizando as seguintes vías: a través do teléfono 981756161, por medio do whasApp 604075815, no correo electrónico: [email protected], ou na páxina web da entidade vieiro.org.

Accións de Vieiro

Estudos de Vieiro

comentarios