Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Avanzas as obras en paralelo de saneamento e dos carrís-bici por Carballo

Obras carril bici ciclando_vellamorta-Carballo
Avanzas as obras en paralelo de saneamento e dos carrís-bici por Carballo

Non paran as obras de saneamento e do proxecto de carrísbici en Carballo.

Por exemplo, en Vella Morta, na estrada de Razo, onde se están a desenvolver de xeito coordinado os dous proxectos, executados en paralelo pola empresa Vázquez y Reino.

A obra dea rede, do POS19, permitirá dotar de saneamento ás vivendas situadas na estrada Carballo-Razo e renovar un treito que está moi deteriorado. Ademais, por riba construirase a Senda ciclo peonil de regreso complementaria ao carril bici Avda. Razo (DP-1902), que permitirá completar o carril-bici existente na avenida de Razo cunha lonxitude de 1.240 metros e un orzamento de 460.563,45 euros.

Nestes momentos están en execución, polo tanto, 3 das 9 sendas incluídas no proxecto Cicl-Ando Carballo, xa que a empresa Excavaciones y Obras Candal segue avanzando na mellora do carril bici existente entre as rúas Poñente-Fábrica e Avenida de Malpica (1.350 metros de lonxitude e un orzamento de 178.425,14 euros), mentres que Construcciones López Cao está a traballar tamén na conexión da senda da Avenida de Malpica coa da estrada de Razo (1.182 metros e 96.799,38 euros).

Novas relacionadas

Comentarios