Martes. 23.04.2024
El tiempo

Carballo adxudica as dúas últimas sendas das 9 que forman o proxecto “Cicl-ando”

Plano das sendas ciclistas de Carballo
Plano das sendas ciclistas de Carballo
Carballo adxudica as dúas últimas sendas das 9 que forman o proxecto “Cicl-ando”

En xaneiro anunciaban a posta en marcha de 9 carrís-bici polo casco urbano de Carballo. Unha desas accións que, de verdade, cambiarán a mobilidade nunha vila, como está a acontecer co proceso de peonización de moitas rúas. Un proxecto de cidade que pretende ofrecer unha funcionalidade de lecer ou turística, pero tamén de facilitar os desprazamentos por motivos laborais ou escolares.

O proxecto “Cicl-ando Carballo”, qu econta con máis de 2,1 millóns de euros (o 80% corre a cargo da UE no marco da Estratexia 2030), inclúe 18 km de sendas peonís e ciclistas, acompañados dunha rede de aparcamentos seguros para bicicletas e unha campaña de sensibilización en mobilidade sostible.

A primeira das 9 sendas, a da Avenida de Malpica, está en execución, pero o resto xa están en adxudicadas. As dúas últimas que veñen de ser adxudicadas son a Senda perimetral polígono de Bértoa, de máis de 4km, adxudicada a a Excavaciones y Obras Candal por 110.894,35 € ; e a Conexión polígono industrial de Bértoa - Estrada Carballo - Razo (DP – 1902), de 920 m, e adxudicada a Construcciones Cernadas por 91,270,76 €.

Na rede

O proxecto inclúe tamén a páxina web ciclandocarballo.gal, desenvolvida pola empresa pontecesá Deindo Ideas, e, por último, unha campaña de concienciación en mobilidade sustentable, que, segundo a proposta aprobada hoxe mesmo pola mesa de contratación, será realizada por Atlantic Ponte 2000.

Novas relacionadas

Comentarios