Martes. 23.04.2024
El tiempo

A BDT de Carballo busca candidat@s para 50 postos de hostalería para o Parque As Revoltas

A Bolsa de Traballo de Carballo está sita no Forum
A Bolsa de Traballo de Carballo está sita no Forum
A BDT de Carballo busca candidat@s para 50 postos de hostalería para o Parque As Revoltas

A Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo encárgase da xestión das candidaturas para participar no proceso de selección de 50 persoas para un restaurante de comida rápida de próxima implantación no parque comercial A Revolta.

Así llo comunicou o servizo municipal aos seus 2.500 usuari@s a través dun SMS, de xeito que  dispoñen de tres días para
acudir ao Fórum Carballo e actualizar os seus currículos: 31 de marzo, 3 ou 4 de abril, en horario de 09.00 a 14.00. Os/as interesados deberán achegar currículo actualizado e vida laboral.

Para participar nese proceso, que se realizará nas vindeiras semanas, é preciso ter entre 18 e 50 anos e residir en Carballo, concellos da comarca ou Arteixo.

Polo que se refire ás persoas que queiran participar no proceso pero non estean inscritas na BDT, disporán de dous días, o 5 e o 11 de abril, para achegarse ata as oficinas da segunda planta do Fórum e presentar a seguinte documentación: vida laboral, currículo, DNI, documentos xustificativos da formación académica, cursos de formación ou calquera outro que consideren de interese para a procura de emprego.

Comentarios