O BNG carballés fixo campaña na rúa por un Novo Centro de Saúde
Sacou á rúa o BNG de Carballo a súa campaña de colleita de sinaturas para esixir ao Sergas a creación dun 2º centro de saúde para a vila. Unha petición que ademais recoñece que hai necesidade de máis persoal e especialidades. O BNG considera que a proposta do PP de converter o actual centro de saúde nun CIS (Centro Integral de Sanidade) é un erro.
En menos dun mes superamos xa as 1.000 sinaturas de carballesas e carballeses que demandamos a construción dun segundo centro de saúde, como teñen todos os concellos galegos de máis de 30.000 habitantes agás do carballlés, e que resulta imprescindible para acabar cos graves problemas de saturación que ten o actual.
O partido tamén ten activa a colleita na rede: Change.org: Máis saturación, non! Carballo precisa outro centro de saúde