Os xoves ao sol no Centro de Saúde de Carballo
 
              
    15:26 23/09/21 
            Non é por estar en paro, pero os profesionais dos Centros de Saúde de toda Galicia volven, un xoves máis, saír á rúa para protestar contra o catastrófico estado da Atención Primaria.
A concentración que máis seguemento ten é do Centro carballés, onde a práctica totalidade dos profesionais fan un parón, con foto, ás 12.00h para pedir máis recursos para que a Atención Primaria poida ofrecer unha atención digna e de calidade.
 
       
       
             
             
         
           
          