Os Bombeiros comarcais saíron á rúa en Carballo o cumprimento dos acordos
Parecían os asuntos laborais algo máis relaxados despois de que en marzo deste mesmo ano se chegase a un acordo entre Bombeiros comarcais e administracións tras dous anos de mobilizacións. Pero a falta de resolución de certos acordos provocaron que os Bombeiros comarcais de toda Galicia volvesen á rúa con claras mensaxes ao Xerente do Consorcio Provincial.
Este xoves protagonizaron, uns 150 bombeiros comarcais de toda Galicia protagonizaron unha manifestación en Carballo, onde se atopa a sede do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, para pedir que se cubran as 102 prazas que se acordaron incorporar no acordo ao que se chegou tras unha folga realizada en 2024.
Piden ademais a cobertura das prazas comprometidas no convenio regulador e unha relación de postos de traballo (RPT) asinado en marzo. Preto da metade son para reforzar os postos da provincia da Coruña Coruña, e ante a súa falta, os bombeiros optaron por deixar de cubrir horas extra para visibilizar a problemática, provocando que houbese que pechar, de novo, os parques de Ordes, Arzúa, Boiro, Betanzos ou Carballo.
Os representantes dos traballadores denunciaron ademais as bases da nova oposición, por consideralas po complicadas, así como a falta de interese de estabilizar moitos contratos de interinos, un dos principais puntos de reivindicación.

