luns. 02.03.2026
El tiempo

1ª e 2ª FUTFEM: Esteirana e Dumbría selan táboas

Yoli e Terre no Esteirana-Dumbria-Foto-CFF DUmbria
Yoli e Terre no Esteirana-Dumbría-Foto-CFF Dumbría
1ª e 2ª FUTFEM: Esteirana e Dumbría selan táboas

Coa ollada posta na xornada formativa do luns de QPC e a RFGF en Fisterra, disputouse unha nova xornada na 2ª Div. Feminina, que tiña o foco posto no Xosé Luís Vara. Esteirana e Dumbría disputaban nun sempre intenso derbi, que remataba en táboas.

Por arriba, Muxía e Tordoia non fallaron e seguen empatadas a puntos no alto da táboa, con 9 puntos de vantaxe no ascenso directo.

Ademais, vitorión do Corme ante todo un Victoria C, e gran vitoria tamén colleitada na casa polo Cee que fai apretar máis a clasificación pola zona media-alta.

Novo parón desta eterna Liga da Costa, se ben si que se xogou un partido adiado da semana, no que Outes superou ao Xallas B e se coloca a 2 puntos da 3ª praza, que ocupa o Cabana.

1ª Div. Fem., xornada 20

Rosalía - Xallas (3-0)

  • Xallas: Rosío, Cali, Graci, Ainhoa, Silvia, Sara, Claudia Facal, Barcia, Mery, Espasandín e Olalla. Tamén: Soraya, Noe, Valeria Iglesias e Daniela.
  • Goles: 1-0, m.3: Noa; 2-0, m.20: Aldara; 3-0, m.70: Silvia.

Nada puideron facer as de Eloy ante un cadro ourensán que está na loita polo título e o ascenso. Con todo, volven coa sensación de aprender algo, e iso que nada máis comezar xa recibían un golazo pola escuadra. Non decaeron e seguiron correndo detrás das ourensás, buscando algunha saída de Barcia e Oli, pero as locais facían o segundo moi pronto. Foron chegando as molestias e o rendemento foi caendo, e na segunda, a superioridade das locais foi patente.Tivo Oli algunha ocasión, pero o gol xalleiro non chegaría.

2ª Div. Fem., xornada 22

Esteirana - Dumbría (2-2)

  • Esteirana: Alicia Vega, Tobío, Marta, Sandra Dosil, Lara, Lidia, Nuria, Melania, Alba, Bárbara e Rut. Tamén: Sara Brión.
  • Dumbría: Liss, Yaiza, Carla Beiro, Sabela, Yoli, Elba Lago, Carla Lago, Alba, Paula Fandiño, Alicia e Claudia Cundíns. Tamén: Ana e Lara.
  • Goles: 0-1, m.1: Carla Beiro; 1-1, m.26: Rut; 2-1, m.65: Bárbara; 2-2, m.69: Carla Lago.
Nuria Torres e Claudia no Esteirana-Dumbria-Foto-CFF DUmbria 3
Nuria Torres e Claudia no Esteirana-Dumbria-Foto-CFF Dumbría

Partido intenso no deportivo e no emocional, que comezaba cun gol na primeira xogada de partido tras un bo pase filtrado de Carla Lago e unha boa internada por banda de Sabela que atopaba a Carla Beiro que facía o 0-1. Estaba ben o Dumbría pero co paso dos minutos a Esteirana ía impoñendo o seu plan, o que lle fixo empatar o partido nunha transición e incluso tendo ocasións para porse por diante antes do descanso.

Axustou o cadro de Fran Figueroa na segunda, poñendo o cadro esteirán o seu ritmo, e conseguían meterse por diante por medio de Bárbara. Aí, a base de garra máis que de xogo, as de Santi Lira foron empurrando, facendo dano a balón parado, e conseguindo o empate nunha xogada con algo de fortuna tras un mal entendemento entre a defensa local e a porteira,.

Volveuse tolo o partido, cun balón ao longueiro das locais pero tamén algunha ocasión das visitantes, selando un empate que as mantén nesa tranquila posición da táboa.

Barbara e Lara no Esteirana-Dumbria-Foto-CFF DUmbria 2
Bárbara e Lara no Esteirana-Dumbria-Foto-CFF Dumbría

Orillamar - Muxía (1-3)

  • Muxía: Sheila, Nerea Pazos, Raquel, Nerea Barrientos, Andrea Piroja, Andrea Insua, Laura Doce, Irene Alcaina, Elsy, Barca e Eva Lema. Tamén: Ana Toba, Paula Rey, María, Karen e Patri Romaní.
  • Goles: 1-0, m.11: Salma; 1-1, m.16: Eva Lema; 1-2, m.22: Eva Lema; 1-3, m.82: Eva Lema.

Saíron as de Noe Iglesias con falta de intensidade e gañas ante un rival novo que xa demostrou na ida que máis aló do resultado, é intenso e sóbranlle ganas. Así, a pouco de comezar, e tras un erro defensivo, marcarían o 1-0. O gol fixo reaccionar as corviñas que reaccionaron, empatando moi pronto e envorcándose sobre o rival ata facer o segundo. Así chegaron ao descanso, xa que non foron capaces de crear moito máis e tiveron moitas imprecisións impropias do equipo.
Na segunda parte saíron algo mellor as muxiás, aínda que non conseguían finalizar con acerto, ata os últimos dez minutos que Eva Lema sentencia o partido co seu terceiro gol, para seguir empatada no alto da táboa das pichichis con Rebeca do Tordoia con 32 goles, polos 30 de Barca.

Cee - Brexo Lema (2-0)

  • Cee: Noemi, Lurs, Cris, Ramos, Laura, Martínez, Paula Veiga, Luchy, Saray Duarte, Nayara Casais e Sharay Caamaño. Tamén: Thalia, Saela, Aroa.
  • Goles: 1-0, m.47: Martínez; 2-0, m.75: Paula Veiga.

Partido controlado de principio a fin polas de Rafa. Na primeira parte foi moi descafeinada sen apenas ritmo nin peligro co balón máis no seu campo, e cunha boa acción de Paula anulada por fóra de xogo e un dobre pau de Martínez.

Na segunda parte as ceenses saíron máis intensas e Martínez abría o marcador. Non baixaron o ritmo, e seguiron igual acercándose con varias internadas de Ramos e Cris e xa nos últimos minutos marca Paulaba , á quen anteriormente lle anulaban un gol, tras unha desconexión das rivais, e que suma 9 goles en 9 partidos convocada.

Corme - Victoria C (2-1)

  • Corme: Lucía, Lucía Rod., Saskia, Ana Suárez, Natalia, Aroa, Laura Vidal, Claudia, Zeltia, Olalla e Carla. Tamén: Carla Vázquez, Candela, Cris, e Salomé.
  • Goes: 0-1, m.25: Julia; 1-1, m.65: Claudia; 2-1, m.78: Ana Suárez.

Vitoria do Corme ante un Victoria C que sempre trata de xogar o balón. As de Rubén Souto saían moi ben con varias ocasións claras de gol, un man a man de Carla, un tiro de Claudia que sacan na liña de gol e unha falta moi ben lanzada por Carla que se colaba pola escuadra e fixo un auténtico paradón a porteira. Pero nun despiste, Julia, unha das mellores da categoría, faría o 0-1 co que se irían ao descanso.

Fixeron as locais uns pequenos axustes para mellorar a eficacia para presionar a súa saída de balón, e o partido cambiou, e chegando ocasións claras, e os goles, un de de Claudia en acción individual despois dun roubo nesa presión, e de Ana Suárez, nun córner.

Aínda terían algunha ocasión máis as cormelás, que non cederon espazo, pero tamén Julia tivo algunha chegada que puido ter significado o empate.

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info

Comentarios