Venres. 03.05.2024
El tiempo

Carballo apaga o Candil do Ano Xestal

ano_do_xestal
Carballo apaga o Candil do Ano Xestal

Este xoves 4 de xaneiro, ás 19:00h, Carballo acolle a xornada de peche de toda a programación arredor do Ano Xestal, este 2023 que coincidiu co 90 aniversario do seu nacemento e o 30 aniversario da súa morte.

Na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura, Xurxo Souto abrirá unha sesión que terá como punto álxido a visita guiada á exposición “Unha vida de conto”, dramatizada por Hadrián García.

Ademais, Xico de Cariños, Xan López e Toniño López ofrecerán un concerto.

Máis novas

Comentarios