Carballo asina un servizo quinquenal de mantemento da rede viairia

13:14 01/10/20
Durante os vindeiros 5 anos, Carballo terá un servizo integral de mantemento da rede viaria municipal, que garantizará estabilidade e operatividade. Serán tres as áreas de actuación: conservación e reparación de vías, sinalización e roza.
Así se confirmaba a Xunta de Goberno Local, que vén de adxudicar esta semana os primeiros contratos. López Cao leva dous lotes de conservación, mantemento e reparación de vías, por 1.560.108 euros.
SACYR Conservación S. leva outro lote por 291.380 euros, de sinalización e demais accións.
O contrato de rozas, que se divide en dous lotes (por un montante de 3 millóns), aínda ten aberto o prazo para que as empresas presenten as súas ofertas aínda está aberto ata o 13 de outubro.