Luns. 29.04.2024
El tiempo

Carballo avanza na creación da Comunidade Enerxética local coa fase de participación veciñal

comunidade_enerxetica_local_800x460
Carballo avanza na creación da Comunidade Enerxética local coa fase de participación veciñal

Parece que o ten claro o Concello de Carballo, o primeiro (Corcubión tamén está interesado) en poñer en marcha unha Comunidade Enerxética Local. 

A carballesa entra nunha nova fase, a de participación cidadá, e o vindeiro xoves 25 de xaneiro, ás 19.00 horas, o Fórum acollerá a presentación do
proxecto nun acto aberto a toda a cidadanía

O proxecto trata de facilitar unha "enerxía accesible, sostible e segura para a veciñanza". Unha vez que o Concello xa ten un estudo de viabilidade técnica e xurídica, toca compartilo coa veciñanza, que será copropietaria e beneficiaria da Comunidade.

A xornada informativa contará con Xosé Manuel Golpe Acuña, técnico da Unidade de Xestión Enerxética da Deputación Provincial da Coruña e experto en comunidades enerxéticas.
"É moi importante que a veciñanza interesada, empresas e entidades acudan para informarse e iniciar o proceso de creación da primeira comunidade enerxética en
Carballo".

Intentarán responder ás preguntas máis necesarias, como as chaves, as razóns, os procedementos... para conseguir crear un "grupo motor", un "grupo consumidores que será o encargado de poñer en marcha a comunidade enerxética.

Máis novas

Comentarios