Venres. 03.05.2024
El tiempo

Carballo centra o 25N nas vítimas menores de idades

25n Carballo 2023
Carballo centra o 25N nas vítimas menores de idades

Centra este ano o programa do Día Internacional contra as Violencias de Xénero o Concello da Carballo n@s vitimas menores. O Concello lembra cifras terribles:

  • Desde o 1 de xaneiro do 2013, o primeiro ano no que empezaron a contabilizarse e a recoñecerse como tales, 49 menores de idade foron asesinados/as por violencia de xénero en España, segundo os datos do Ministerio de Igualdade.
  • Neste mesmo período, o número de orfos e orfas menores de 18 anos por violencia de xénero foi de 416.
  • O 63,6% das mulleres vítimas de violencia machista sinalan que os seus fillos foron testemuñas do maltrato, case sempre sendo menores de idade. 

"Os datos son tráxicos e obrigan a unha reflexión social", entenden dende o Concello, facendo un chamamento moi especial ás familias, para que acudades á concentración do 25 de novembro cos vosos fillos e fillas, ás 12.00 horas na Praza do Concello, onde se presentará a campaña deste ano, cuxa mensaxe é: Cantas máis teñen que faltar? (para que a sociedade reaccione contra a violencia de xénero).

Actividades para toda a sociedade

Ademais destas accións destinadas a colectivos específicos, o programa do 25N en Carballo inclúe actividades de sensibilización e prevención dirixidas a toda a sociedade, como os obradoiros de autodefensa para mulleres que se levaron a cabo os días 3 e 10, o concerto de Verónica Codesal do sábado pasado ou o obradoiro-conferencia sobre Mulleres, música, historia e sociedade que ofrecerá a periodista, escritora, tradutora e conferenciante Patricia Godes o sábado 2 de decembro.

E ademais abrirán unha exposición itinerante polos distintos centros sociais con fotografías, debuxos e pinturas de varios/as artistas carballeses/as que expresan a través das súas creacións o rexeitamento da violencia de xénero. As obras de Adriana Suárez Cotelo, Emi de las Heras, Antonio Reino, Mon Lendoiro, Alberto Gende, Alberto Varela Ferreiro e Ana García poderán verse en distintas parroquias a partir do día 25 e ao longo de varios meses. 

A iluminación simbólica da casa do concello e da Biblioteca Municipal Rego da Balsa de cor morada, e unha campaña de prevención da violencia de xénero nas rúas completan a proposta da Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade.

MÁIS NOVAS DO #25N

Comentarios