Venres. 03.05.2024
El tiempo

Corcubión vive o 25N #DeFronte

  • Este #25N o lema común para os Concellos de Cee, Fisterra e Corcubión é, a proposta do CIM (Centro de Información á Muller), “Vivir, non sobrevivir”
cartaz-25M-Corcubion 2
Corcubión vive o 25N #DeFronte

Seguimos colleitando programas municipais de cara ao día Internacional para a Eliminación da Violencia contra ás Mulleres. Este #25N o lema común para os Concellos de Cee, Fisterra e Corcubión é, a proposta do CIM (Centro de Información á Muller), “Vivir, non sobrevivir”. Un lema que xorde do resultado das aportacións do alumnado e profesorado a través dunha convocatoria-concurso participada polos centros de ensino dos concellos.

A Concellería de Cultura, Benestar, Igualdade e Muller o Concello de Corcubión propón ampliar a perspectiva “desde a conciencia de interdependencia”. Así, no programa de actividades pretender poder “reflexionar xuntas e xuntos sobre as estruturas profundas que preceden aos feitos de violencia contra as mulleres e poñer tamen atención nalgúns dos campos de afectación posteriores que quedan como restos”.

Así, a Concellería Corcubionesa adheriuse á campaña #Defronte, promovida pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña, centrada na mocidade e no ocio nocturno.

Programación

O xoves 23 de novembro ás 10,00h, o alumnado do IES Fernando Blanco terá un obradoiro Stop Motion, coa psicóloga Paula Tubío, enfocado especialmente a abordar a complexidade das violencias sexuais en contextos nocturnos e de festa.

Este mesmo xoves 23 de novembro, ás 18,30 na Capela do Pilar hai a Proxección do Documental “Puta Mina” (59’) e conversa con Belen Sola de LAAV Actividade para todos os públicos. Trátase dun documental producido dende O Laboratorio de Antropoloxía Audiovisual e Experimental (LAVV) para que a voz dunha comunidade que careceu dela sexa escoitada.

Para o venres 24 de novembro, ás 18,30h na Casa da Cultura, outro acto aberto coa Presentación dos programas de acollemento desde Cruz Vermella en conversa coas experiencias en primeira persoa de familias acolledoras de menores. Neste encontro de sensibilizacion contaremos con Marta Pintos para compartir información sobre o Programa de Acollemento Familiar que xestiona a Organización Humanitaria Cruz Vermella e coas experiencias de familias que xa levan un tempo formando parte do programa como familias.

O mesmo venres 24 de Novembro, de 14:00h. 15:00h, no Estudo de Gravación do Concello, farase unha lectura do “Manifesto exquisito” polas ás mulleres traballadoras do Concello de Corcubión. Posteriormente a peza será publicada o 25N nas redes sociais do Concello.

Máis novas do #25N

Comentarios