Luns. 29.04.2024
El tiempo

Sonlilá ofrece dous obradoiros sobre autocoidado co gallo do 25N

25N de Sonlila en Carnota-Coas Nosas
Sonlilá ofrece dous obradoiros sobre autocoidado co gallo do 25N

A Asociación de Mulleres Feministas Sonlilá prepara xa os actos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. De cara a este 25N a entidade prepara dúas actividades dentro do programa para formar e sensibilizar na prevención.

O 22 de novembro, de 16:030h a 19:30h, no Salón de Actos do Concello de Carnota, preparan un Obradoiro de Autocoidado, Botrato e sororidade para previr as violencias machistas, ao que están invitadas todas as mulleres de Carnota e a contorna.

O día 29 de novemnro, no mesmo horario, celebrará un novo obradoiro sobre a posta en valor dos Coidados, comezando por unha mesma.

O custe é de 10 para socias da entidade e de 15 para as non socias. Xa podes inscribirte en [email protected] e nos 676 136 873 ou 680 445 943.

MÁIS NOVAS SOBRE O 25N

Comentarios