Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Buserana lanza a terceira edición do seu certame de microrrelatos contra a violencia de xénero

Certame microrrelatos de Buserana
Buserana lanza a terceira edición do seu certame de microrrelatos contra a violencia de xénero

Terceira edición do III Certame de Microrrelatos da Asociación Feminista Buserana. A entidade lanza esta nova edición arredor do 25N, para poñer de manifesto a necesidade de falar, e denunciar a violemcia de xénero.

Hai dúas categorías, unha para estudantes (ata 17 anos) e outra para calquera persoa a partir dos 18 anos, que presenten os seus microrrelatos de máximo 200 palabas (título aparte) en galego ou castelán. 

O texto cómpre envialo antes das 24 horas do día 18 de Novembro do 2023, a [email protected] co asunto “concurso” e irá firmado con pseudónimo, e noutro correo co asunto ”datos” irá o pseudónimo utilizado e tódolos datos persoais, nome, apelidos, idade e teléfono de contacto.

O xurado estará formado por integrantes do Clube de lectura Bruar así como colaboradoras relacionadas co mundo do ensino.

O premio será entregado na concentración convocada por Buserana o día 25 de novembro, na praza 8 de marzo de Cee.

Comentarios