Sonlilá prepara o acto central do 25N en Carnota
09:28 17/11/23
Aínda está aberto o prazo para os obradoiros sobre autocoidado que organiza a Asociación Sonlilá en Carnota co gallo do 25N.
Pero ademais, a entidade de mulleres feministas convoca xa o seu acto central do Día Internacional contra a Violencia de Xénero para o mesmo sábado 25 de novembro, ás 19:00h, cunha concentración na Praza da Pedra de Carnota. Un evento artellado no marco da Marcha Mundial das Mulleres, en colaboración co grupo de Acción Feminista do BNG da Costa da Morte, e ten como lema “A nosa loita é pola vida, Organicémonos contra as violencias machistas".
MÁIS NOVAS DO #25N
- Corcubión vive o 25N #DeFronte.
- A nova campaña do #25N da Deputación pon o foco no lecer nocturno.
- Sonlilá ofrece dous obradoiros sobre autocoidado co gallo do 25N.
- Zas, primeiro concello en lanzar o programa do 25N.
- Buserana lanza a terceira edición do seu certame de microrrelatos contra a violencia de xénero.