Carballo conéctase ao 4G
As operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange empezan a ofrecer en Carballo servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz, o que permitirá aos veciños e veciñas carballeses gozar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G) cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha Llega800, entidade encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.
Coa chegada do novo 4G á localidade continúa o proceso de implantación que se está realizando de forma paulatina por toda a xeografía nacional desde o pasado mes de xullo e que culminará en marzo de 2018, data prevista para o despregamento total da tecnoloxía. Para garantir esta compatibilidade, Chega800 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúen, por unha banda, unha actuación previa, grazas á cal os cidadáns que residan en zonas de maior afectación recibirán unha comunicación no seu domicilio que lles informará de que a partir dese momento poderán solicitar de forma gratuíta a adaptación da antena do seu edificio para evitar posibles incidencias.
Para xestionar estes servizos puxéronse a disposición dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e a páxina web www.llega800.es.Segundo o mapa de Llega8000, por agora só faltan Corcubión e Zas por conectarse á rede.