Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carballo creará unha rede de 18km de carrís-bici con fondos europeos

Carril Bici na estrada de razo
Carril Bici na estrada de Razo
Carballo creará unha rede de 18km de carrís-bici con fondos europeos
Carballo creará unha rede de 18km de carrís-bici

Dende 2011 leva intentando arrincar o proxecto dos carrís bici para conectar Carballo. O pleno de onte serviu para que a corporación avalase, co apoio do PP, a abstención do PSOE e o voto en contra de TEGA, o inicio dos trámites de fondos europeos para crear unha rede de carrís-bici.

O proxecto “Cicl-Ando Carballo”, que encadra perfectamente no Plan de Mobilidade urbana sostible (PMUS), preve unha rede de 18 km de sendas peonís e ciclistas, unha serie de aparcamentos, e unha campaña de sensibilización. Son máis de 2 millóns os que solicitará o Concello á Unión Europea.
Aproximadamente a mesma cantidade necesita o outro proxecto aprobado “Carballo sostible: enerxías renovables e eficiencia enerxética dos edificios públicos”, para os 18 edificios e instalacións municipais.

O pleno tamén aprobou, coa abstención dos grupos da oposición, modificación orzamentaria para facer fronte ás certificacións finais das obras da skate-praza e o campo de fútbol do Carral, que suman 79.604,82 euros.

Ademais, saíron probadas as dúas mocións presentadas polo PSOE, para crear prazas de aparcamento para mulleres embarazadas, persoas con mobilidade reducida transitoria e familias por bebés (só o PP se abstivo), e outra para reformar o parque infantil da Praza do Hospital.

Novas relacionadas

Comentarios