Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Carballo empregará 4.8 millóns de remanente en unir o polígono de Bértoa e a estrada de Razo, entre outras obras

Carballo empregará 4.8 millóns de remanente en unir o polígono de Bértoa e a estrada de Razo, entre outras obras

Nos últimos meses o Concello de Carballo incorporou ao remanente de tesourería para gastos xerais 4,8 millóns de euros (3,2 no pleno de abril e 1,6 no de xullo). Uns cartos que destinarán a servizos e, sobre todo, á execución de obras en distintas parroquias:

    •    Reurbanización da rúa Portugal: 134.673,62 euros
    •    Aglomerado da vía do Moucho (Verdillo) á Piña (Sofán): 381.297,90 euros
    •    Apertura e pavimentación do primeiro treito da vía que enlazará o polígono de Bértoa coa rotonda da estrada de Razo: 615.370,74 euros.
    •    Ampliación da rede de abastecemento a Rebordelos: 168.375 euros
    •    Pavimentación con cemento do núcleo rural de Vilar do Carballo (Oza): 210.015,14 euros (lista para saír a contratación)

Estrada Bértoa-Razo

A actuación de maior envergadura será a apertura da vía que enlazará o polígono de Bértoa coa estrada de Razo ao longo de máis de 1,5 quilómetros. Este primeiro treito, de aproximadamente 700 metros, discorrerá entre o parque empresarial e a rúa Abetos. A nova estrada contará con dous carrís de circulación e sendas ciclopeonís nas marxes, ademais de arborado e mobiliario urbano. Tras esta primeira fase, o goberno municipal pretende seguir desenvolvendo as seguintes sucesivamente.

Comentarios