Raúl e Serena seguen rompendo moldes xa como subcampións de España de Bailes Standard en Junior 2
Seguen rompendo moldes alá por onde pasan. Xa foron Subcampións de España en Xuvenil 1 (10 e 11 anos), o ano pasado foron subcampións de España en Junior 1 (12 e 13 anos), e neste 2026, no seu primeiro ano en categoría Junior 2 (14-15 anos) logran de novo o subcampionato. E iso que os ceenses Raúl Romero e Serena Díaz teñen só 14 anos e 12 anos, pero arrasan por onde pasan.
Este pasado domingo 5 de abril , a parella do Clube Arte e Movemento triunfou cunha hgrandísma medalla de preta no Campionato de España de Bailes Standard, unha especialidade moi difícil do Baile Deportivo, que inclue 5 bailes (Vals Lento, Tango, Vals Vienés, Slow Fox e Quick Step).
"Isto só se logra con moita disciplina e traballo, ademais do talento necesario", recoñece Graciela Toba, responsable e mestra da pioneira escola ceense. "Así, mentres moitos dos nenos da súa idade gonzaban do descanso de Semana Santa, tan merecido despois dos exámentes do segundo trimestre, eles compatibilizaban de 4 a 5 horas de entreno diario co estudio, e despois pasaron a Semana Santa entrenando en Cee e en Cambrils antes do Campionato Nacional", relata.
Pero tamén tiveron tempo para participar nunha proba de Ranking mundial da WDSF (World Dance Sport Federation), na que lograron o bronce, sendo a parella española mellor clasificada, o cal supón todo un logro internacional para eles. A competición pudo seguirse por streaming, ó que estaban atentos todos os seus compañeiros e seguidores.
Campionato Galego
Así mesmo o pasado domingo 12 de abril, celebrouse o correspondente Campionato Galego de Bailes Standard, no que Raul e Serena lograron o titulo galego un ano mais.

O clube logrou as seguintes medallas no mesmo campionato.
- Raúl e Serena: Campións Galegos Standard Parella Junior 2
- Alba Mourelle (18 anos, Zas): Campiona Galega Solo Standard Adulto
- Ashley Sánchez (17 anos, Cee): Campiona Galega solo Standard Youth
- Paula García (13 anos, Cee): Campiona Galega solo Standard Junior 1
- Andres e Laura (23 e 20 anos Camariñas, Cee): Subcampions Galegos Standard parellas Adulto
- Naiara Carreira (18 anos, Cee): Subcampiona Galega Solo Standard Adulto
- Emma González (11 anos, Cee): Bronce Campionato Galego Solo Standard Junior 1.








