Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carballo énchese de corazóns solidarios

Corazon Solidario na avenida_ambulatorio Carballo
Carballo énchese de corazóns solidarios

Multicolores son os contedores de corazón que o Concello de Carballo vén de instalar por tda a vila. Contedores que serven de símbolo da sustentabilidade, solidariedade e diversidade, pois serven para recoller tapóns que se utilizarán para recilar con fines solidarios grazas a un convenio entre Urbaser e a Fundación Amigos de Galicia.

Unha entidade coa que xa colabora o Concello carballés no marco da Conectad@s”, que facilita o acceso a recursos dixitais, sanitarios e material escolar a menores galegos/as en idade de escolarización de familias con poucos recursos.

Os novos colectores están na Avenida do Ambulatorio, a Praza de San Cristovo, a rúa Eduardo Pondal e a Praza dos Bombeiros Voluntarios, uníndose aos que xa estaban na rúa Bos Aires e na Praza Vila de Laxe.

Dende o Concello piden á veciñanza que cando vexan un cheo, que avisen no 981704100.

Comentarios