Carballo espalla o virus da lectura
18:33 03/07/18
#biblionízate é o novo do virus que comezou a circular estes días por Carballo. Con esta campaña, o concello de Carballo pretende espallar o virus da lectura a través dunha serie de propostas que veñen da man da Biblioteca Rego da Balsa e na que os protagonistas son os propios usuarios e usuarias. A idea é que os lectores compartan nas redes sociais unha foto do que están a facer e, sobre todo, do que están a ler empregando a etiqueta #biblionízate. As imaxes tamén se poden enviar por
correo electrónico a [email protected].
Esta semana, a biblioteca Rego da Balsa estará tamén na Praza dos Libros, polo que o xoves e o venres terán horario reducido de 10:30 a 13:30 horas. Pola tarde poderás visitar a caseta da Feira da Creatividade Cultural de Carballo, no Xardín Municipal, onde haberá moitas sorpresas.
A biblioteca tamén vén de abrir novos puntos de bookcrossing para que os usuarios podan depositar o seu libro ou recoller outro novo cando o precisen. Os usaurios tamén poden participar nos clubs de lectura que están activos durante todo o ano, o da biblioteca e o da Asociación de Irmanamento con L’Isle Jourdain.
Para os máis novos, os sábados pola mañá desenvólvese o Laboratorio Gráfico de Ilustración, un obradoiro teórico-práctico para nenos e nenas a partir de 8 anos no que xa están cubertas todas as prazas. Durante o mes de xullo mantense o horario habitual de 10:30 a 20:30 horas, de luns a venres, e de 10:00 a 13:00 os sábados. En agosto redúcese horario sendo de luns a venres de 10:30 a 13:30 e os sábados de 10:00 a 13:00 horas. A ludoteca da Desiderio Varela estará aberta de luns a vernes de 11:00 a 13:00 horas. E na Biblioteca Municipal do Museo hai acceso libre de luns a venres de 08:30 a 14:30 horas.
Rede de bibliotecas de Galicia
A Biblioteca Rego da Balsa non só destaca pola cantidade e variedade de actividades que acolle ao longo de todo o ano, senón tamén por outros motivos. Segundo o último informe publicado pola Consellería de Cultura, a Rego da Balsa é a segunda das 202 que integran a Rede de bibliotecas públicas de Galicia en número de usuarios/as activos, cun total de 1.734 (a primeira é a de Narón, con 1.827), e a terceira en número de documentos prestados, con 14.564 (a primeira é a de Narón con 16.095, e a
segunda, Os Templarios de Cambre con 14.664).
Horario Oficina Información Turística
Por outra parte, a Oficina de Información Turística, ubicada no Museo de Bergantiños de Carballo, vén de estrear o horario de verán. Este punto de información abre martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 19:00 a 20:30horas e os sábados e domingos de feira abre de 11:00 a 14:00 horas. Os luns permanecerá pechada.
Novas relacionadas
- A Biblioteca Rego da Balsa abre as súas portas aos escolares nun pioneiro programa de visitas guiadas
- A biblioteca Rego da Balsa seleccionada para o premio María Moliner polo seu proxecto de animación á lectura.
- O alumnado dos colexios carballeses visitan a biblioteca Rego da Balsa
- A biblioteca Rego da Balsa ocupa o segundo posto galego en préstamos
- #ABiblioPréstame.
- O edificio dos 100 actos.
- Bergantiños á vangarda tecnolóxica galega.
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Carballo